Saturday 18 de May de 2024

Carral celebra este domingo o IX Día do Patín en Carral


A concellería de deportes espera xuntar a máis de 150 patinadores nesta xornada festiva que xa tradicional no outono carralés

Dentro da programación deportiva municipal, este domingo 23 de outubro o Concello de Carral, o club de patinaxe Alquimia e o Club Alquimia Inline, organizan o ?IX Día do Patín” no Complexo Cultural e Deportivo de Paleo. Este evento naceu hai xa 9 anos coa finalidade de fomentar unha práctica activa e saudable a través dunha disciplina deportiva que tantos ?adictos? reúne en Carral.

Ao evento acudirán clubs, escolas, patinadores e afeccionados de toda a comarca, Culleredo, Arteixo, Laracha, A Coruña, Cambre, etc., e por suposto, Carral. Con 102 patinadores pre-inscritos, esta actividade aumenta o seu número de participantes ano tras ano. Para aqueles que non teña os seus propios patíns, desde a organización prestaránselles uns para que todo o mundo poida probar e gozar desta xornada festiva.

A actividade comezará sobre das 11.00 da mañá e prolongarase ata as 19.00 h, facendo unha pequena pausa ao mediodía para comer. Durante o día levarán a cabo actividades lúdicas como a decoración e pintado de patíns e camisetas, proxección de gravacións de campionatos da especialidade e documentais técnicos, clases de iniciación para os novatos que nunca se puxeron uns patíns, xogos para os máis pequenos, elaboración de coreografías, etc. Ademais este ano, incorporamos novas actividades como clases de descenso, clases de patinaxe en liña e freestyle.

A inscrición é totalmente gratuíta tanto para os clubs e escolas como para os patinadores individuais que se acheguen polo lugar.

Para máis información ou inscribirse, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981 672580 ou no mail deportes@carral.es.